Evento: Si Quero - VIII Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións

Si Quero - VIII Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións
venres, 17 xaneiro, 2020 a domingo, 19 xaneiro, 2020
Recinto Feiral,
Pontevedra

Si Quero - VIII Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións

Máis de 50 expositores

O salón contará, do mesmo xeito que en anos anteriores, coa presenza de numerosos expositores, máis de cincuenta, dedicados a sectores como a restauración, fotografía e vídeo, xoiería, decoración, barbería, axencias de viaxes, florerías, animación, modistas e xastres especialistas en traxes de noiva e festa e traxes de noivo, pastelerías, transportes..., etc. Casetas atendidas por expertos profesionais que asesorarán en primeira persoa a todas aquelas persoas que así o desexen.

Durante estas xornadas non faltarán os desfiles de moda, a demostración de peiteados e maquillaxe e a música en directo.. 

O salón poderase visitar en horario  de 16.30 a 20.00 horas o  venres e de 11.30 a 21.00 horas o sábado e domingo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés