Evento: Daimon y la jodida lógica
Daimon y la jodida lógica
A última creación de Matarile Teatro dirixida por Ana Vallés apóiase nun equipo de 14 persoas, nove delas intérpretes. En 2018/19 o Azkuna Zentroa e o Centro de Danza de Zaragoza organizaron dúas audicións onde se presentaron 150 candidatos, dos cales dous foron seleccionados para incorporarse ao proxecto Daimon.
O destino, a voz da conciencia, a intuición, anxo ou demo, o rumoreo da voz interior que detén ou empuxa. Presenza oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente. Podemos darlle unha corporeidade, unha presenza escura ou colaboradora, imaxinarnos unha figura que nos acompaña e que non é eu, e noso eu quedaría intacto, íntegro.
Pero a min interésame máis o Daimon que tamén é eu, o noso eu incomprensible, unha parte de nós que conecta co irracional, co misterio, co fantástico; unha porta ao extraordinario, ao que nos salva, ao sublime ou á tolemia.
Duración: 120 minutos.