Evento: Os favoritos da biblioteca. Recoméndanos un libro
Os favoritos da biblioteca. Recoméndanos un libro
Queremos coñecer os vosos gustos e que nos botedes unha man para montar entre todas e todos un taboleiro de lecturas recomendadas.
Seguro que hai un libro, ou varios, que sempre recomendades ás vosas amizades... queremos que nolos mostredes.
Se queres participar só tes que coller nos estantes da biblioteca o exemplar que queres recomendar, colocalo no espazo dedicado ao respecto (no 2º andar) e contarnos por que é un dos teus favoritos (cubrindo a tarxeta que atoparás no mesmo espazo)
E, se tes tempo e ganas, podes quitarte unha foto coa túa recomendación e compartila nas redes (fb, tw e Ig) nomeando á biblioteca (@bpsanxelcasal) e usando o cancelo #EuRecomendo, #DíaUsuarioUsuariaBibliotecas.
A mostra resultante estará no 2º andar do 11 de xaneiro ata o 15 de febreiro.