Evento: GOA & Pochi

GOA & Pochi
venres, 20 decembro, 2019 - 22:00
Sala Filomatic,
A Coruña

GOA & Pochi

Actuación do trapeiro emo.

GOA, sempre acompañado polo seu produtor Pochi Sempere, deixou a súa Valencia natal para situar o trap emo no mapa da nova escena urbana nacional, un logro acadado grazas a obras como o seu EP HellPopStar ou o seu mixtape conxunto con Yung Beef (Kumaeoencephalic Trauma).

Na música de Goa & Pochi, as producións están dominadas por guitarras distorsionadas en clave punk e latidos escuros; mentres que os temas das súas letras xiran en torno á ansiedade, depresión, introspección e desgarro. Sen dúbida, os tristes mozos da nova escena urbana nacional, as estrelas infernais chegaron para quedarse.

Máis eventos de tipo Concerto

Ghrelo power
15 de agosto
Alameda
Concerto
16 de agosto
Praza do Camiño
Concerto
16 de agosto
Paseo do Malecón