Evento: Concerto

Concerto
sábado, 16 agosto, 2025 - 20:00
Praza do Camiño,
Portomarín
Espectáculo de música a cargo de Los Wavy Gravies

Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, os irmáns Martín e Jorge Lorre comezan un novo proxecto a principios de 2014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do Rock'n'Roll, onde o punk, o surf instrumental, psycho, garage ou mesmo o frat teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Para iso recrutan para a causa ao Sr. Doble M á guitarra, finalmente, a formación complétase no 2017 coa entrada de Koko (Toxic Patrol, Breakin' Bones, Pegas Negras) ao contrabaixo. Nos seus directos poderás atopar versións de grandes bandas, como The Fireballs, Link Wray, Floyd Dakyl Combo, Johnny Guitar Watson, Ramones, Flamin' Grovies ou Screaming Lord Sutch, un dos seus grandes referentes.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Catuxa Salom
14 de novembro
Teatro Jofre
Concerto solidario polo Dano cerebral
15 de novembro
CIFP Politécnico de Santiago