Evento: Campus de Emprendemento: Manuel Paderne
Campus de Emprendemento: Manuel Paderne
Manuel Paderne é primeiro unha gran persoa, e un gran comunicador. Finalista da primeira edición de Speaker Talent 2017: un evento nacional que buscaba atopar ao mellor comunicador de España, Trainer de comunicación, pasaron polos seus consellos máis de 500 profesionais e 200 empresas. Sen dúbida o mellor relator para axudarche a transmitir, emocionar e comunicar.
Que é o campus de Emprendemento Talentum Youth?
É unha experiencia.
Son eventos que potencian o talento novo e a innovación social.
Que impactan, conseguen poñer o teu coñecemento en acción para que as túas ideas e proxectos impacten en xente real.
Que están deseñados por xente nova, comprometida co cambio, que cre no traballo colaborativo para superar desafíos.
E todo isto, Cando? Como? Canto costa?
Grazas á colaboración, as ganas e a motivación de tantos, os eventos serán gratuítos, con aforo limitado, por orde de pedido. E terán lugar na sede de Abanca, da Praza de Cervantes, Santiago de Compostela.