Evento: Nadal solidario
Nadal solidario
venres, 20 decembro, 2019 a martes, 7 xaneiro, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Nadal solidario
Exposición de tarxetas de Nadal
Cedemos o vestíbulo á Organización Manos Unidas para expoñer as tarxetas participantes no V Certame de Tarxetas do Nadal no que participa o alumnado de centros de Educación Primaria.
Con este concurso búscase que os nosos nenos e nenas imaxinen como poden celebrar o Nadal outras nenas e nenos que viven en países empobrecidos.
Pódese visitar durante o horario de apertura da biblioteca.