Evento: Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

  • Cartel Novembro. Mes da Ciencia  nas Bibliotecas Públicas (2019)
Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
venres, 8 novembro, 2019 a venres, 29 novembro, 2019
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)

Actividades na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

8 de novembro, ás 18:00 h, na sala de obradoiros 

Sesión de contos: Os contos das estrelas. Contos con música para celebrar o mes da ciencia, con Bea Campos (Migallas). 

Público: a partir de 3 anos. 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

 



9 de novembro ás 17.30 e 16 de novembro ás 11.00 h, na sala de obradoiros 

Obradoiro: Fablab de impresión 3D. Espazo de creatividade e aprendizaxe no que se ensinará o funcionamento desta nova tecnoloxía. 

Público: a partir de 13 anos. 

Inscrición previa (2 sesións co mesmo grupo, 10 prazas).

 

 

15 de novembro, ás 18:00 h, na sala de obradoiros 

Obradoiro: Bicho á vista. Percorrendo as pegadas dunha nena exploradora, coñeceremos como viven, por que son, como son, que senten moitos bichos e animais que habitan o planeta. 

Público: a partir de 3 anos. 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

 

 

22 de novembro, ás 18:00 h, na sala de obradoiros 

Obradoiro: De cando a astrónoma Antonia Ferín ollaba o ceo pola noite. Sesión contos e obradoiro de debuxo, con Polo Correo do Vento. 

Público: a partir de 3 anos. 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

 

 

29 de novembro, ás 18:00 h, na sala de obradoiros 

Obradoiro: Maxia ou ciencia. Obradoiro para achegar a ciencia aos nenos e nenas a través do descubrimento, con Anias. 

Público: de 6 a 8 anos e de 9 a 12 anos (dous grupos). Dous grupos: un grupo de nenos e nenas de 6 a 8 anos e outro de nenos e nenas de 9 a 12 anos. 

Inscrición previa (2 sesións de 15 prazas cada unha).

 

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura