Evento: Exposición sobre Eduardo Gruber
Exposición sobre Eduardo Gruber
'Eduardo Gruber. O salón dos espellos', comisariada por Miguel Fernández-Cid, ocupará as salas de exposición do primeiro andar do MARCO entre o 27 de setembro de 2019 e o 5 de xaneiro de 2020. Esta mostra reúne unha selección de obras recentes, debuxos e obra sobre papel, na que resulta central a presenza da palabra, do relato, da literatura. Faise especial fincapé na relación entre literatura, pensamento e imaxe, tan presente na súa obra como a paixón pola metáfora. Obras co fío condutor do azar, ese límite case imperceptible, ese espello que, unha vez traspasado, nos permite vivir outra vida, habitar outro escenario. En suma, uhna selección de pezas, a modo de pequeno salón de afirmacións, ecos e reflexos, que permite percibir o xeito de traballar dun artista que, dende a pintura, sempre tenta a obra total.