Evento: Chola, a it girl

Chola, a it girl
xoves, 29 outubro, 2020 - 20:15
Edificio Multiusos,
Monforte de Lemos
Espectáculo teatral a cargo de Laura Villaverde

Elenco: Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Para todo isto, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping; desafíos en vivo; consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descoido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadáver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ao público un outro traballo non tan elegante. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de it girl con enxeño, humor e personalidade, reflectindo a súa realidade imperfecta, que está fóra dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual, e manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto ao tempo e a sociedade.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Xan Perillán e a maleta máxica
26 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Circo na casa
1 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Boa sorte, mala fama
1 de xuño, 20:00
Auditorio Municipal Cine Alovi - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña
Concerto de Martins Aneiros Band
1 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña