Evento: MJ Pérez
MJ Pérez
MJ Pérez
Concerto a dúo de MJ Pérez
MJ Pérez continúa coa xira de “A Luz Prendida”, o seu cuarto álbum, segundo de estudio. A cantautora arzuá dá un paso máis neste novo traballo cunha evolución e un cambio de rumbo na súa música, máis sen perder a súa esencia. Neste novo disco, MJ camiña máis por ritmos latinos, tintes da música de raíz e de músicas do mundo, abandonando así en gran parte o pop-rock máis habitual nela ata o momento. Mais se algo engloba todo este traballo é a canción de autor, a esencia de MJ e do xeito de escribir e narrar. A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña

24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña

24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña