Evento: Presentación de 2M84: una distopía feminista

Presentación de 2M84: una distopía feminista
venres, 28 xuño, 2019 - 19:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Presentación de 2M84: una distopía feminista

Unha obra de Eduardo Santiago Soto

Ano 84 do segundo milenio. O mundo está dividido en tres grandes nacións: a ditadura americana, a ditadura asiática e a democracia europea. A poboación da UE goza da liberdade e de todas as garantías que proporciona o Estado democrático de dereito. A pesar de todo, hai un grupo —que representa á metade da poboación— que sente discriminado nesta sociedade. Os masculinistas reivindican a igualdade entre mulleres e homes, porque son elas as que ocupan os postos de responsabilidade na política, a xustiza, a cultura, a educación, as empresas e en todas as institucións estatais. Os homes están relegados a un segundo plano, e a relixión é a base sobre a que se asenta esta cultura matriarcal. Na realidade paralela de 2 M84 a Biblia foi escrita por mulleres e a Deusa é a única deidade verdadeira. Iacobus, un mozo idealista de dezaoito anos, enfróntase aos poderes establecidos, decidido a defender os seus principios ata as últimas consecuencias. Como unha pequena homenaxe a 1984 de Orwell, 2 M84 é unha alegoría satírica do mundo actual, na que se intercambiaron os roles masculinos e femininos.

Repartiranse 50 exemplares da novela de balde entre os asistentes.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
10 de maio
Auditorio Casa da Cultura
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar