Evento: Antonio Fraguas

  • Antonio Fraguas
  • Antonio Fraguas
  • Antonio Fraguas
Antonio Fraguas
xoves, 2 maio, 2019 a venres, 31 maio, 2019
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Antonio Fraguas

Letras galegas 2019

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Mostra bibliográfica e Exposición sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

"A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra".
(Antonio Fraguas Fraguas)

 

 

  • Antón Fraguas

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n