Evento: Concertos da Selección Oficial
Concertos da Selección Oficial
Concertos da Selección Oficial
Actuacións de Cesária Évora Orchestra, El Gusto Orchesta e Ed Motta
Estes concertos abertos ao público forman parte de Womex 2014, a maior e máis importante feira internacional das músicas do mundo que reunirá en Santiago a uns 2.600 participantes procedentes de 100 países entre o mércores 22 e o domingo 26 deste mes de outubro, o que a converte na edición de máis participación dos últimos cinco anos. Asemade, tamén ofrece 60 concertos onde se dá cabida a 600 intérpretes.
Na programación de actuacións abertas ao público fóra da axenda profesional atópanse estas tres da Selección Oficial, no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela:
21:30 horas Cesária Évora Orchestra (Cabo Verde)
23:00 horas El Gusto Orchestra (Alxeria/Francia)
00:30 horas Ed Motta (Brasil)