Evento: Radio BuleBule
Radio BuleBule
martes, 2 abril, 2019 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Radio BuleBule
Día do Libro Infantil
Abre as orellas! Sintoniza Radio BuleBule con Paco Nogueiras, transmitindo para o mundo en linguaxe universal.
Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Ven vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións!
Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil sintonizando Radio BuleBule e unindo música e literatura. Lemos o manifesto escrito este ano polo ilustrador e autor Kestutis Kasparavicius, da sección lituana do IBBY, Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil.
Para público familiar.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.