Evento: Feminismo: unha longa historia e novos retos
Feminismo: unha longa historia e novos retos
Mónica Bar Cendón, filóloga e escritora, realiza nesta charla un breve repaso dos referentes históricos e teóricos do feminismo ao abeiro dos novos retos da actualidade. A continuación abrése un tempo de debate.
A autora ten entre os seus ámbitos de traballo a teoría da literatura, a crítica teatral e cinematográfica e a teoría e historia do feminismo.
O seu último libro, o ensaio Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha (Xerais, 2010), pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade realizada ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.