Evento: Querida mamá: estou aprendendo a ladrar
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar
luns, 2 marzo, 2020 a mércores, 25 marzo, 2020
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Querida mamá: estou aprendendo a ladrar
Mostra bibliográfica
Celebramos o 8 de marzo cunha selección de libros infantís feministas do noso centro de interese sobre Igualdade para saber máis de corresponsabilidade, de rebeldía e da loita doutras mulleres que nos precederon.
O título da mostra fai referencia ao poema de Olga Novo:
"...ben o sei ben sei eu todo / que para eu aprender este ladrido / á fin fixeron falla / mil mulleres lavando a reo no río de Saá / e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil / apañando cozas e garabullos no medio do monte..."
Na sala infantil, pódese visitar durante o horario de apertura da biblioteca.
Ligazóns