Evento: Día da Ilustración

  • Ilustradores checos
  • Ilustradores checos
  • Ilustración infantil
  • Květa Pacovská
  • Día da ilustración 2019
  • Día da Ilustración: Aniversario do nacemento de Castelao
  • Día da Ilustración: Aniversario do nacemento de Castelao
  • Día da ilustración
  • Día da ilustración
Día da Ilustración
mércores, 30 xaneiro, 2019 a xoves, 28 febreiro, 2019
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Día da Ilustración

12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos

O Día da Ilustración, 30 de xaneiro, é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Durante este mes de febreiro e acompañando a mostra da obra pictórica de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, mostramos na sala de exposicións de Biblioteca Pública de Lugo:

12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos.​

 

Desde o venres 1 de febreiro a Biblioteca Pública de Lugo alberga a mostra que recolle a obra de doce ilustradores e ilustradoras checas de literatura infantil. Cada un deles representa unha forma de expresión propia. A exposición enmárcase na celebración de varios aniversarios: os 30 anos de lingua e cultura checas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela que, na actualidade, é o Centro de Linguas Modernas CLM USC, o centenario da fundación de Checoslovaquia e os 50 anos da Primavera de Praga. 

Entrada libre durante o horario de apertura da biblioteca durante o mes de febreiro.

Desde a Biblioteca Pública de Lugo queremos facer un pequeno homenaxe a ilustradora e artísta checa KVETA PACOVSKA admirando a súa obra infantil na Rede de Bibliotecas de Galicia

 

Xunto ao mostrador de información.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia