Evento: Atlántico, o Camiño de Santiago máis longo do mundo

Atlántico, o Camiño de Santiago máis longo do mundo
martes, 29 xaneiro, 2019 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Atlántico, o Camiño de Santiago máis longo do mundo

Charla de Daniel Landa

Co pano de fondo da súa exposición fotográfica, Pacífico, Daniel Landa falaranos das experiencias das súas viaxes, de como abordar con respecto as culturas alleas e de que lles deparará a nova aventura atlántica, que quizais será considerada como a máis longa peregrinación xamais realizada ata Santiago. ​

Daniel Landa dirixiu varias expedicións por todo o planeta:

- De 2006 a 2008 deu a volta ao mundo en coche para realizar a serie documental “Un Mundo Aparte”. 13 capítulos nos que se achegaba ás comunidades indíxenas de Europa, Asia, América e África. Esta serie tivo unha gran repercusión internacional e foi emitida en canles como  National  Geographic,  TVE, Direct TV ou  Galavisión; máis de 10 millóns de espectadores foron testemuñas desta aventura.

- De 2014 a 2015 percorreu O Sueste Asiático e o Extremo Oriente para producir “Pacífico” unha nova serie de TV, cuxo percorrido internacional e nacional seguiu os pasos da serie precedente con case 7 millóns de espectadores. 

En 2019 estréase con novo desafío. Daniel Landa volverá á estrada para bordear un océano, o Atlántico, durante dous anos de aventuras en busca dos pobos, as tradicións e as comunidades humanas do camiño. Daniel e o seu equipo farán o Camiño de Santiago… polo outro lado. Si, unha travesía un pouco máis longa, duns 70.000 quilómetros. Finisterre será só o comezo dun camiño inverso. Desde alí a expedición achegarase a Santiago e percorrerá a Costa sur de Galicia. Despois a ruta descenderá por Portugal e Cádiz, para cruzar África pola súa vertente occidental. Na segunda parte, o equipo cruzará a América e desde Ushuaia ascenderá pola costa oriental do continente: Arxentina, Brasil, o Caribe, Estados Unidos, Canadá,  Groenlandia, Islandia,  Escandinavia, Reino Unido e Francia ata Roncesvalles. Pero no último capítulo, Daniel aparcará o coche, para terminar a pé, en ano Xacobeo, desde Navarra a Finisterre, o Camiño de Santiago máis longo do mundo.​

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal