Evento: Os mitreos en ambientes domésticos
Os mitreos en ambientes domésticos
O coloquio forma parte das actividades conmemorativas do 25 aniversario do descubrimento da domus do mitreo, un xacemento excepcional que conta cun dos escasos lugares de culto dedicados a Mitra na península ibérica.
O coloquio está dirixido por Jaime Alvar Ezquerra (Catedrático de Historia Antiga, uc3m) e Mª Dolores Dopico Caínzos (Profesora Titular de Historia Antiga USC, Directora do Museo Domus do Mitreo) e no que 12 investigadores procedentes de Universidades españolas e europeas analizarán un tema escasamente tratado ata agora, o dos mitreos situados en ambientes domésticos. Os seus resultados serán dados a coñecer nunha monografía que se converterá na referencia fundamental para profundar nesta cuestión.
Pódese consultar máis pormenorizadamente o programa no documento anexo. A asistencia é libre ata completar aforo.