Evento: Semana cultural de Xapón en Galicia

Semana cultural de Xapón en Galicia
martes, 11 decembro, 2018 a mércores, 12 decembro, 2018
Aula Magna EOI,
Vigo

Semana cultural de Xapón en Galicia

Organizada pola Escola Oficial de Idiomas

A Escola Oficial de Idiomas, en colaboración coa Embaixada de Xapón e coa Universidade de Santiago de Compostela, organiza a súa Semana xaponesa, unha actividade de achegamento á cultura do país asiático.

No caso de Vigo, o programa inclúe demostracións de pintura, un relatorio sobre a historia da esgrima do feudo de Tosa, concertos ou degustacións de produtos nipóns. No de Santiago de Compostela, as actividades serán una conferencia sobre estudos en Xapón, unha demostración de pintura sumi-e ou outra de laido ou unha sesión de kamishibai. No da Coruña, haberá unha sesión de kamishibai, unha demostración de laido ou otra de pintura sumi-e. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal