Evento: Con Galiza sempre no horizonte

Con Galiza sempre no horizonte
martes, 9 outubro, 2018 a venres, 30 novembro, 2018
Colexio de Fonseca,
Santiago de Compostela

Con Galiza sempre no horizonte

Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela

Documentos, fotografías e mostras do seu traballo dan a coñecer o tempo que Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo, pai e fillo, pasaron xuntos en Santiago de Compostela, entre 1920 e 1936, un período de 16 anos no que Díaz Baliño non só foi o responsable dos eventos artísticos do concello santiagués senón tamén un nome clave no deseño gráfico e editorial, na cartelería ou na escenografía. Na mostra poden tamén verse os retratos que Díaz Baliño fixo dos seus compañeiros de prisión nos primeiros meses da Guerra Civil. 

A exposición conta tamén cunha segunda parte, que permite descubrir a visión da actividade artística, industrial e cultural de Isaac Díaz Pardo tras ter que deixar Santiago. 

A mostra está comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga y Gloria López López. 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia