Evento: Trash
Trash
Da man de La Fiambrera Art Gallery, o debuxante e deseñador gráfico galego Roberto Argüelles presenta a súa mostra Trash no marco do Outono Códax Festival.
Argüelles (Vigo, 1972) quixo titular a súa exposición coa palabra que en inglés significa “lixo”, se ben utilizada no ámbito artístico e da cultura popular asociase co underground, o mal gusto, a contestación social e política, o feo, as artes consideradas menores como a banda deseñada, a televisión, o cine de serie B, o cabaré, os debuxos animados e un longo etcétera de “actitudes” e produtos que quedan fóra das esferas elevadas da arte e a cultura. Neste underground moveuse sempre Roberto Argüelles, e así o reflicte no seu traballo, tanto como deseñador gráfico, como na súa obra artística.
A exposición funciona coma unha homenaxe a todo o que desde neno atraeu a súa atención e marcou como artista.