Evento: Prende no colo
Prende no colo
Prende no colo
Obradoiro de Luis Prego
Prende no colo é un obradoiro para nais e pais coas súas crianzas, no que aprenderan cancións de berce para arrolar, ademais de xogos e cancións infantís para aprender as partes do corpo, xogos de descuberta e recitados sinxelos. Un recurso esencial para axudar ás familias a transmitir as nosas tradicións e a nosa lingua.
Para nais e pais de crianzas de 0 a 3 anos.
Duración: 45 minutos