Evento: Peter Pan, un musical muy especial

  • -peter-pan-el-musical
Peter Pan, un musical muy especial
sábado, 24 novembro, 2018 - 17:00
Auditorio Municipal do Carballiño,
O Carballiño

Peter Pan, un musical muy especial

Proxecto social, educativo e teatral

Acompaña a Peter Pan e a todos os seus amigos nesta divertida aventura entre piratas, sirenas, indios e fadas. Cunha espectacular e colorida posta en escena, voces en directo, efectos visuais e grandes números musicais nesta volta de porca do conto clásico que ten o obxectivo de divertir, emocionar e educar a pequenos e maiores sobre o respecto á diferenza.

Candileja [Teatro para Nenos e Mozos] trae aos escenarios toda a maxia de Peter Pan, un espectáculo onde tamén se dá visibilidade a artistas con discapacidade intelectual para, xuntos, facer gozar a grandes e pequenos deste divertido e espectacular musical.

Este espectáculo é un PROXECTO TEATRAL, EDUCATIVO E SOCIAL, unha produción profesional de Teatro Musical de carácter inclusivo, onde actores de Teatro Musical traballan xunto a artistas con discapacidade intelectual que formaron parte de películas como CAMPIÓNS, normalizando así a participación de persoas profesionais con discapacidade intelectual nas Artes Escénicas.

  • Peter Pan, un musical moi especial

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos