Evento: Cos pés na terra
Cos pés na terra
Cos pés na terra
Zoqueiros e galocheiros na provincia de Lugo
Recuperar a historia dun dos oficios artesáns que resultaban máis importantes para a vida cotiá hai décadas: iso é o que fai Cos pés na terra. Zoqueiros e galocheiros na provincia de Lugo. A mostra recupera pezas do traballo destes artesáns e presenta a algúns dos últimos zoqueiros e galocheiros lucenses.
A exposición parte do traballo de investigación do xornalista José M. Salgado.