Evento: Descobre o mundo do cubo máximo

  • O cubo máxico, ao cargo de Raymon_BP da Coruña MG Garcés
  • O cubo máxico, ao cargo de Raymon_BP da Coruña MG Garcés
Descobre o mundo do cubo máximo
sábado, 20 outubro, 2018 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Descobre o mundo do cubo máximo

Espectáculo de maxia ao cargo de Raymon

Se se quere coñecer o fascinante mundo dos cubos de rubik, ou se xa se é un apaixonado do mesmo, gozarase coa visión particular de Raymon, especialista en facer maxia con cubos de Rubik, conseguindo sorprender ao público con efectos moi novos e orixinais. Os cubos ordénanse maxicamente e obedecen as súas ordes, creando un dos efectos máis sorprendentes dos últimos anos.  

Raymon Martinez naceu en Madrid en 1994. Os seus pais son magos e propietarios da sala de maxia La Cripta Mágica fundada en 1987, polo que puido vivir a maxia desde moi pequeno. Comezou a dedicarse a ela profesionalmente no 2014, cando entrou a formar parte do Círculo Mágico de Madrid. 

Para todos os públicos. Entrada libre

Sábado 20 de outubro, ás 12 horas, Salón de actos

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos