Evento: Visitas guiadas ao Monte Santa Trega
Visitas guiadas ao Monte Santa Trega
sábado, 15 setembro, 2018 a domingo, 30 setembro, 2018
Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat),
A Guarda Visitas guiadas ao Monte Santa Trega
Descubrindo o patrimonio
Durante o mes de setembro, cada sábado e domingo (excepto o día 23), haberá visitas guiadas tanto ao Castro de Santa Tegra como ao Monte dun modo máis completo. As visitas guiadas ao castro serán ás 11.30, tanto os domingos como os sábados, e terán unha duración de 30 minutos. Visitarase o castro e a vivenda reconstruída. As visitas ao Monte Santa Tegra saíran - os dous días - do Museo Arqueolóxico de Santa Tegra tanto ás 12.30 como ás 17 horas e terán unha duración de 90 minutos.
A visita é gratuíta, aínda que os participantes terán que pagar a taxa de acceso de 1 euro por adulto ou 50 céntimos por menor de 14 anos.