Evento: Visitas guiadas: O Rexionalismo

Visitas guiadas: O Rexionalismo
sábado, 7 xuño, 2025 - 18:15
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Visitas guiadas: O Rexionalismo

Programación dentro das actividades de primavera

 

Esta visita guiada céntrase na sala 5, onde se presenta a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais, a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas: O Barroco
7 de xuño
Museo de Belas Artes
Ourense removido
20 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense