Evento: Frankenstein. No soy un monstruo

Frankenstein. No soy un monstruo
sábado, 16 febreiro, 2019 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

Frankenstein. No soy un monstruo

Espectáculo infantil a cargo de Pata Teatro

Elenco artístico: Josemi Rodríguez e Carlos Cadros

Víctor Frankenstein é un novo doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser, ao que dará vida a través de raros experimentos. Pero non todo sae como el esperaba. Tras o seu nacemento, a criatura sae fuxindo despavorida e inicia unha viaxe cuxo percorrido ten un único destino: atoparse a el mesmo e demostrar que non é un monstro.

Esta nova adaptación de Frankenstein é unha versión libre da obra de Mary Shelley, máis centrada na visión da criatura e na humanidade do personaxe, rompendo os clixés convencionais que temos do cinema ou do teatro. A personalidade do Dr. Frankenstein queda ao carón e centrámonos na nobreza e pureza da súa creación.

A través desta tenra comedia, as emocións saen a flote, para dar paso a unha obra que nos toca o corazón e sópranos o cerebro.

No 2018 celébrase o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de maio, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
As desterradas
25 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra