Evento: Tal vez soñar

Tal vez soñar
sábado, 24 novembro, 2018 - 20:00
Pazo da cultura,
Narón
Espectáculo a cargo de Unahoramenos Producións

Elenco: Marta Vise, Miguel Ángel Maciel e Quique Fernández

Inma morreu, pero a súa relación cos vivos non deixa de ser moi estreita. Continuamente aparécese nos soños daqueles que a quixeron (o seu marido, o seu fillo) e quen dalgunha forma tiveron que ver con ela e resístense a esquecela.

Tal vez soñar é un espectáculo sobre a estreita liña que separa a vida da morte e sobre o amor que perdura máis aló (ou máis acó) da perda dun ser querido.

Contan que os soños e a maxia van da man. Que sen soños non hai maxia, e sen maxia os soños non se dan. A mente humana abarca un sen fin de misterios que, no vago coñecemento científico que o ser humano ten ata a data, explicámolos co esotérico, co misterioso e o inexplicable. En verdade, esa idea romántica de que "os soños, soños son" atráenos, confórmanos unha idea paranormal da realidade que é atractiva á nosa idea de concibir o descoñecido.

A morte e o soño, o inabarcable polo entendemento humano, trasládase ao espazo escénico de Tal vez soñar co principal dispositivo que o teatro ten desde que naceu, a imaxinación, esa amiga do soño.

Tal vez soñar é unha desas perlas que un atopa no camiño e que sabe que entra na súa vida para non saír xamais.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña