Evento: Proyecto Entremares

  • Proyecto Entremares
Proyecto Entremares
venres, 21 setembro, 2018 - 22:30
Sala Garufa,
A Coruña

Proyecto Entremares

Concerto fusión de jazz e música clásica

Proyecto Entremares combina á perfección a música clásica e o jazz cunha forte influencia das músicas atlánticas e o flamenco.

Trátase da orixinal unidade creativa formada por dous músicos tan novos como imaxinativos: o guitarrista Daniel Santos e o clarinetista–saxofonista José Luis Fraga. Unen os seus talentos para presentar un novo disco e espectáculo baixo o nome de Entremares que evoca as músicas tradicionais da Península Ibérica, de Suramérica e África occidental.

Posuidores dun estilo propio forxado a partir das súas orixes e ricas vivencias musicais, este dúo promete unha interesante viaxe a través de choros, fandangos, mornas, sons atlánticos, ritmos celtas e influencias da música española, sobre todo flamenca. Guitarra, clarinete e saxofón soan en perfecta harmonía con sabias pinceladas electrónicas producidas en vivo.

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura