Evento: Música de cámara. Ciclo de novos intérpretes

Música de cámara. Ciclo de novos intérpretes
xoves, 9 agosto, 2018 - 21:30
Claustro da catedral,
Tui

Música de cámara. Ciclo de novos intérpretes

Catro propostas distintas

A ilusión e a enerxía da nova xeración musical galega mantén vivo o compromiso e a memoria de D. Ricardo García (1929-2017) en Música no claustro. Estas catro propostas, seleccionadas nun proceso aberto, recibirán un conxunto de partituras da editorial Dos Acordes. Tras a actuación, o festival ofreceralle á proposta máis destacada unha bolsa de apoio ao seu desenvolvemento musical e artístico que finalizará cun concerto na seguinte edición de Música no claustro.

Carlos Puga (Vila de Cruces, 1993) realiza estudos de percusión na Banda Artística de Merza e na ESMAE do Porto. Actualmente atópase en residencia no Conservatoire National Supérieur de Musique et Danse de Lyon (Artist Diploma), onde traballa co percusionista Jean Geoffroy.

Julia Caro Trigo (Santiago de Compostela, 1994) realiza estudos de violoncello no CMUS Profesional de Santiago de Compostela, no CMUS de Aragón e na Musikene de San Sebastián. Actualmente continúa a súa formación con Asier Polo e forma parte da Xove Orquestra Gustav Mahler (GMJO).

Noelia González (Carballedo, 1995) realiza estudos de acordeón no CMUS Profesional de Ourense e no CMUS Superior de A Coruña co profesor Fernando Fraga. Actualmente realiza o derradeiro curso de grao superior no CMUS de Aragón (CSMA) en Zaragoza baixo as ensinanzas de Ander Telleria.

O Quinteto Entrerías está formado por estudantado de música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Os seus integrantes son: Óscar Rial Salgueiro, trompeta. Meaño, 1998. Desirée Gómez Bouzada, trompeta. Tomiño, 1997. Ainara González Gómez, trompa. Marín, 1998. Hugo Fernández Oliveira, trombón. Salceda de Caselas, 1996. Víctor Amorín Fernández, tuba Budiño, O Porriño, 1995.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira