Evento: Verán no Museo Pazo de Tor
Verán no Museo Pazo de Tor
Este verán, os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo organizan unha morea de actividades para todas as idades, todas elas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais.
Obradoiros:
Máscaras africanas - 3 de xullo de 11:00 a 14:00h
Coñecerás a Colección Xoán Anllo. Arte africana, que se expón nunha sala do MPLugo, e inspiraráste para facer a túa propia máscara africana.
Memoria do pan. Cultura de masas - 10 de xullo a partir das 11:00.
Impartido por Leonardo Casado e Encarna Lago para público adulto.
Campamento de arqueoloxía - 19 e 20 de xullo de 11:30 a 13:30h
Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta. Idades de 4 a 12 anos.
Sábados no Museo Pazo de Tor - 15, 22 e 29 de setembro de 11:00 a 13:30h
Unha experiencia en familia para achegarse ao Pazo de Tor con ollos de artista e de comisarios.
O misterio do labirinto - 3 de agosto de 11:30 a 13:30h
O Pazo foi posuído polo espírito do labirinto e as súas portas pecháronse misteriosamente deixándonos a todos no seu interior. Soamente colaborando en equipo poderás atopar o xeito de saír. Idades de 4 a 14 anos
Un día de labores nun pazo - 8 de agosto de 11:00 a 13:30h
Actividade para coñecer a horta e o forno do pan. Cocerás o pan e farás outros labores propios dun Pazo.
Actividade do gravado (estampación) - 27 de xullo de 11:30 a 13:30h
Iniciaráste no gravado e indagarás máis nas coleccións de gravados que o Museo Pazo de Tor alberga. Idades de 4 a 14 anos
Roteiro polos dominios de Tor - 10 e 18 de agosto de 10:30 a 12:00h
Será un percorrido polos anexos do Pazo e pola finca, localizando elementos estruturais agropecuarias do Pazo e flora de interés xeolocalizada.
Máis eventos de tipo Obradoiro