Evento: Mercado Medieval Mondoñedo

  • Mercado Medieval Mondoñedo
  • Mercado Medieval Mondoñedo
  • Mercado Medieval Mondoñedo
  • Mercado Medieval Mondoñedo
  • Mercado Medieval Mondoñedo
Mercado Medieval Mondoñedo
venres, 10 agosto, 2018 a domingo, 12 agosto, 2018
varios espazos,
Mondoñedo

Mercado Medieval Mondoñedo

Un dos mercados máis antigos da provincia

O centro histórico de Mondoñedo, singularizado pola catedral basílica da Asunción, foi declarado conxunto histórico-artístico en 1985, o que constitúe un marco ideal para a celebración desta festa que se celebra na segunda fin de semana de agosto e que transforma esta localidade nunha cidade do medievo.

Este mercado medieval é un dos máis antigos da provincia.

Na praza da catedral e nas principais rúas instálanse postos de artesáns que mostran os oficios tradicionais da Idade Media. Durante o mercado poden degustarse variadas viandas e participar en xogos populares. Hai concertos, actuacións, competicións de tiro con arco, Gran Torneo Medieval coa participación de especialistas de hípica celta e tamén se celebra a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Romaría do Corpiño
23 de xuño a 24 de xuño
A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda