Evento: El primer Picasso (1891-1895)
El primer Picasso (1891-1895)
martes, 5 xuño, 2018 - 20:00
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa,
A Coruña El primer Picasso (1891-1895)
Presentación a cargo de Rubén Ventureira
Antón Castro presenta este estudo sobre a estancia e formación de Pablo Picasso na Coruña. Esta etapa, en moitas ocasións esquecida, supón o nacemento e asentamento das iconografías e mitoloxías que perseguirán ao artista ata o final da súa vida e destaca por unha perfección do debuxo que marcará as pautas do realismo presente nas etapas azul e rosa.
Antón Castro é un catedrático, Doutor en Historia da arte e profesor en diferentes másteres e cursos universitarios. Foi colaborador en revistas culturais e dirixiu máis de sesenta exposicións nacionais e internacionais.