Evento: Apeirarte
Apeirarte
Apeirarte
Mostra que vincula etnografía e arte
A arte, a creación artística, sérvese da etnografía para materializarse partindo dun obxecto de uso práctico. Apeirarte separa o significado do significante inicial, outorgándolle á peza un novo significado, esta vez, estético.
Cada creación é unha comunicación entre o obxecto - unha peza tradicional - e o artista, que lle da novos significados.
A exposición está na sala de exposicións temporais - con entrada de balde - e tamén repartida entre as salas do museo - para as que é preciso pagar a entrada habitual do museo.
Ligazóns