Evento: Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital
Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital
Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital
Xornada gratuíta para afondar no papel do xornalismo de hemeroteca e o seu tránsito ás novas tecnoloxías
A Biblioteca de Galicia acolle a xornada Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital. Esta serie de conferencias e mesas redondas están dirixidas a persoal técnico de bibliotecas e arquivos, a investigadores e público en xeral interesados na prensa histórica como fonte de información.
A conferencia inaugural estará a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Barreiro Rivas, e o encontro contará con destacados relatores do mundo do xornalismo e a universidade, así como técnicos das bibliotecas.
O prazo de inscrición na xornada ábrese o 22 de maio, a través da web cidadedacultura.gal. É de balde e só é posible realizar unha inscrición por persoa.
Ligazóns