Evento: V Carreira Camiño das Letras

  • V Carreira Camiño das Letras
xoves, 17 maio, 2018 - 10:00
Do Pico Sacro á Cidade da Cultura
, Santiago de Compostela

V Carreira Camiño das Letras

As inscricións están xa abertas ata o 14 de maio

A V Carreira Camiño das Letras volverá unir o famoso Pico Sacro coa Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno. A nova edición da Carreira Camiño das Letras abrirase cunha proba absoluta desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura e cun circuíto para as categorías de menores nos exteriores do Gaiás. A iniciativa, promovida por Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, quere convidar a toda a cidadanía a celebrar as Letras Galegas desde o ámbito deportivo poñendo en valor o Camiño de Santiago.

As inscricións están xa abertas ata o 14 de maio no web www.carreirasgalegas.com. Todas as persoas participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como agasallo un libro e máis o diploma Camiño das Letras. A rapazada recibirá tamén unha medalla conmemorativa da carreira. A entrega de premios aos gañadores realizarase ao remate das probas. Recibirán como premio: os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta, un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros; os tres primeiros clasificados das categorías de pitufo a máster recibirán un lote de libros; e o centro escolar e o club que máis alumnado achegue á proba recibirá un trofeo e un lote de libros.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
1 de xullo a 30 de setembro
Museo de Pontevedra
Visita ás Ruínas de San Domingos
1 de xullo a 31 de outubro
Museo de Pontevedra
Coplas de cego. José Solla
Visitas guiadas á exposición Coplas de cego. José Solla
11 de agosto a 23 de agosto
Museo de Pontevedra
Noitepedras
17 de agosto
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre