Evento: Lenda Ártabra en concerto
Lenda Ártabra en concerto
O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural que ten Galiza.
O espectáculo ten unha duración de entre 90 e 120 minutos de duración.
O grupo folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible polo tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras que lle imprime aos directos de Lenda Ártabra un carácter tradicional.
A maior parte dos temas que o grupo interpreta están compostos por eles mesmos tanto de música como de letra. Tamén recollen poemas de autores galegos e lles poñen música.
Apostan por unha dobre vía que é coidar e difundir o legado cultural que xa se ten, pero tamén aportar material novo creando letras e melodías. Xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos son algún dos ritmos que se poden distinguir nos concertos de Lenda Ártabra.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



