Evento: Pan con chocolate

Pan con chocolate
xoves, 24 maio, 2018 - 12:00
Teatro Elma,
A Pobra do Caramiñal

Pan con chocolate

Espectáculo de teatro infantil de Saleta Fernández

A actriz Saleta Fernández, protagonista de montaxes como Supergalácticos ou O Valo, convértese en Eva, a rapaza protagonista destas historias, para narrarnos unha serie de marabillosas aventuras xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno. Contos que, aínda que escritos para rapaces e rapazas, a miúdo acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son e, en moitas ocasións, conseguen expresar o máis agochado de nós.

Dirixido por Fran Rei, Pan con Chocolate é un espectáculo de narración oral, sinxelo e directo, que pretende ser un ameno achegamento á vida e obra da figura protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025)
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
Somos circo
15 de xuño, 16:15
Beche Folgoso - Abegondo - A Coruña
O último que apague a luz
15 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña