Evento: Pan con chocolate
Pan con chocolate
Pan con chocolate
Espectáculo de teatro infantil de Saleta Fernández
A actriz Saleta Fernández, protagonista de montaxes como Supergalácticos ou O Valo, convértese en Eva, a rapaza protagonista destas historias, para narrarnos unha serie de marabillosas aventuras xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno. Contos que, aínda que escritos para rapaces e rapazas, a miúdo acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son e, en moitas ocasións, conseguen expresar o máis agochado de nós.
Dirixido por Fran Rei, Pan con Chocolate é un espectáculo de narración oral, sinxelo e directo, que pretende ser un ameno achegamento á vida e obra da figura protagonista do Día das Letras Galegas 2018.