Evento: Onde está o mago Antón?

  • Cartel do espectáculo
Onde está o mago Antón?
domingo, 9 setembro, 2018 - 18:00
Praza de Baamonde,
Begonte

Onde está o mago Antón?

Espectáculo de maxia da compañía Creacións Máxicas e Audovisuais

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?

Esta nova produción supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquia coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo), e a incorporación dalgunhas das súas últimas e renovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia etc.

Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares: pais e nais, avós e avoas, cativada…) no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
27 de setembro
Auditorio Municipal Hernán Naval
Mulleres nas letras
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal