Evento: Imaxe e Palabra

Imaxe e Palabra
luns, 2 abril, 2018 a luns, 30 abril, 2018
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Imaxe e Palabra

Exposición organizada por ASPNAIS-Lugo

A exposición está organizada por ASPNAIS-Lugo, con motivo do seu 50 aniversario, unha entidade privada sen ánimo de lucro que foi declarada de utilidade pública o 9 de setembro de 1996. Reúne as aportacións de 16 fotógrafos e 31 escritores lucenses, no decurso das visitas efectuadas aos talleres da Asociación Provincial de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual.

Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos: Alberto López, Fernando Gago, Gerardo Lozano, Germán Limeres, Inma Purriños, Julio Leira Sanmartín, María Victoria Fernández, Eduardo Rodríguez Ochoa, Óscar Cela, Peter Schneider, Xosé Manuel Otero Castro, Yolanda Purriños, Alvez, José Reigosa, J. Vazquez e Sebas Senande.

Cada obra vai acompañada dun texto literario aportado polos seguintes autores: Helena Villar Janeiro, Xose Lois García, Carlos López Fernández, Xosé Otero Canto, Felipe Arias Vilas, Xoán Xosé Fernández Abella, Antonio Reigosa, Xosé María Gómez Vilabella, Francisco Javier Neira Pampín, Germán García Mera, José Luis Durán Mariño, Xoán Neira, Martiño Maseda, Marica Campo, Carmen Blanco, Luis Latorre, Xulio Vacárcel, Eloi Caldeiro, María Xosé Lamas, Francisco Piñeiro González, Iago Santalla, Paco Martín, Manuel Xosé Neira, Alfonso Blanco Torrado, Ana Isabel Rodríguez, Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, Toño Nuñez, Manuel Regal Ledo, Henrique Alvarellos, Benjamín Santín Carballada e Adolfo De Abel Vilela.

Do 2 ao 30 de abril. Primeira planta

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia