Evento: Nadia Schilling
Nadia Schilling
Nadia Schilling é unha das artistas que participarán nesta edición do festival. Esta cantante portuguesa creceu co movemento de rock alternativo que protagonizou a súa cidade natal Caldas da Rainha na década dos 90. Con influencias folk pero tamén rock e jazz, o seu primeiro traballo foi gravado durante dous anos e contou con diversas colaboracións. Above the Trees foi composto cunha guitarra acústica tras o período emocional que supuxo para ela o falecemento da súa nai. É por iso que o disco se caracteriza por unha sutil escuridade pouco habitual, un tributo cheo de recordos.
O Super Bock Under Fest é un festival de música que se celebrará este ano por primeira vez en Vigo, os días 23 e 24 de marzo.
Máis eventos de tipo Concerto