Evento: Galicia-Irlanda. Dende os Milesios ate o Colexio de San Patricio
Galicia-Irlanda. Dende os Milesios ate o Colexio de San Patricio
Visita guiada organizada polo Colexio Irlandés e realizada por Suso Martínez con motivo do Día de San Patricio, visitando os sitios do patrimonio histórico de Compostela ligados á presencia irlandesa e repasando as conexións especiais que ligan a Eire con Galicia a través da historia, nun itinerario no que se percorrerá, ademáis de lugares físicos, lendas, tradicións e feitos: a torre de Breoghán, os Milesios, o Flight of the Earls, Tyrconnell, Bearehaven, os bispos irlandeses sepultados na catedral, os colexios dos irlandeses das rúas das Hortas e Nova, e os seus estudantes, frai Mateo de Oviedo, Patricio Synnot, e outras.
Para anotarse, hai que escribir a suso.martinez@guiasdegalicia.com. Prazas limitadas.
Visita peonil de exteriores. Punto de encontro: praza de Mazarelos, aos pes da estatua de Montero Ríos.
Lingua: galego.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro