Evento: EmporcARTE
EmporcARTE
venres, 9 febreiro, 2018 a sábado, 3 marzo, 2018
Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa,
Lalín EmporcARTE
Unha visión artística do porco
O Museo Municipal Ramón Aller de Lalín acolle unha actividade paralela á Festa do Cocido, a exposición EmporcARTE, que reúne pezas de 41 artistas, baseadas na figura do porco. Os porquiños protagonistas da exposición son versións que diferentes artistas fixeron deste animal, similar ao que acontece coas vacas na Cow Parade.