Evento: Con-secuencias. Colección DKV

Con-secuencias. Colección DKV
martes, 6 febreiro, 2018 a domingo, 1 abril, 2018
Varios espazos da cidade,
Santiago de Compostela

Con-secuencias. Colección DKV

Mostra do traballo de 40 artistas en tres espazos de Santiago de Compostela

A Fundación DIDAC e DKV Seguros presentan a exposición Con-secuencias. Colección DKV en tres espazos culturais de Santiago de Compostela: a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade e a Fundación DIDAC. A exposición reúne a un total de 40 artistas, e poderá verse así en tres sedes situadas a escasos metros, nunha estratexia conxunta de dinamización cultural e colaboración.

Con-secuencias. Colección DKV está coproducida por Fundación DIDAC e DKV Seguros, coa colaboración da Fundación Eugenio Granell e da Universidade de Santiago de Compostela, e complétase cunha publicación que recolle as obras presentadas polos 40 artistas seleccionados polos comisarios David Barro e Alicia Ventura.

Artistas: José Ramón Amondarain, Rosana Antolí, Antonio Ballester Moreno, Ana Barriga, Sergio Belinchón,David Bestué, Vicente Blanco, Manuel Blázquez, Jacobo Castellano, Diego Delas, Miren Doiz, Manuel Eirís, Christian García Bello, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, José Guerrero, Rubén Guerrero, Fernando Gutiérrez, Carlos Irijalba, Miki Leal, Almudena Lobera, Anna Malagrida, Álex Marco, Nacho Martín Silva, Rosell Meseguer, Guillermo Mora, Nico Munuera, Carme Nogueira, Juan Olivares, José Miguel Pereñíguez, Jorge Perianes, Aleix Plademunt, Samuel Salcedo, Amparo Sard, Teresa Solar, Miguel Ángel Tornero, Daniel Verbis, Nelo Vinuesa, Santiago Ydáñez, Juan Zamora.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións