Evento: The Swinging Flamingos
The Swinging Flamingos
The Swinging Flamingos
Concerto do grupo The Swinging Flamingos
O espíritu da Nova Orleans dos anos vinte e a vibrante enerxía da era do swing mestúranse con elegancia en The swinging flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas.
Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The swinging flamingos ofrece.
Música para saír á pista de baile, deixarse levar e gozar dun espectaculo cheo de enerxía, swing e bo humor, que non resolverá os teus problemas pero de seguro conseguirá que os esquezas, polo menos por un tempo.
Antonio Otero: saxo e voz
Alex Salgueiro: órgano hammond
Chus Pazos: batería
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña

24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña

24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña