Evento: Tangata

Tangata
sábado, 26 maio, 2018 - 20:30
Naútico,
O Grove
Concerto de Alberto Vilas Quartet

Concerto de tango de cámara instrumental facendo un percorrido por toda a historia do tango, desde as súas orixes ata a vangarda máis actual.

Formación que leva en activo máis de 25 anos de xeito ininterrumpido. Foi creada no ano 1988 arredor da figura de Artigas Anelo, bandoneonista do grupo e fundador do mesmo.

Ao longo destas dúas décadas o grupo evolucionou, pasando de ser un trío (bandoneón, piano e contrabaixo) a consolidarse como cuarteto coa incorporación do violín.

O repertorio de Tangata é xa moi extenso, contando na actualidade con máis de 100 temas para os que Tangata conta con arranxos feitos exclusivamente para este cuarteto. Nos seus concertos o grupo fai un repaso pola historia do tango e interpreta dende os temas máis clásicos de músicos como Eduardo Arolas ou mesmo Gardel ata os máis modernos e innovadores do gran bandoneonista Astor Piazzolla. Tamén durante este tempo existiu unha parte de investigación e creación e Tangata conta con temas de creación propia.

O cuarteto Tangata está composto por:

Artigas Anelo: bandeonista uruguaio cunha longuísima traxectoria como músico de tango, tendo tocado con algunhas das máis importante orquestras de Montevideo e acompañando a algún dos máis importantes cantantes de xénero. Chegou a ser requirido por Mario Camus como asesor cinematográfico para a película deste La vieja música. No ano 2005 foi invitado pola Orquestra Sinfónica de Montevideo a participar nunha serie de concertos dedicados ó tango.

Laura Quintillán: violinista tamén uruguaia que ten a honra de ser fundadora do grupo Milladoiro. Foi becada pola UNESCO e obtivo varios premios de Concursos de Xuventudes Musicais e na embaixada alemana en Uruguai. Na actualidade é profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo logo de exercer esta actividade nos conservatorios de Santiago e A Coruña.

Alberto Vilas: pianista. Actualmente exerce a súa actividade no Conservatorio de Pontevedra, logo de facelo nos de Lugo e Vigo. É xunto con Artigas Anelo un dos membros máis antigos de Tangata. Estudiou Piano e Composición no Conservatorio Superior de Vigo e ten gravado discos de musica de cámara e composto e gravado música para varios documentais. Moi interesado no jazz, participa en moitísimos cursos de formación impartidos por prestixiosos músicos do panorama internacional e en moitos concertos dedicados a esta musica.

Gustavo Adolfo Barcia: contrabaixo. É o ultimo en incorporarse a Tangata, no ano 1998. É un músico incansable que participa e colabora con todo tipo de formacións tocando moi diferentes xéneros, que poden ir da clásica ao folk e, por suposto, o tango. Desenvolve unha importante labor pedagóxica nas bandas-escolas de música. Estudiou contrabaixo no Conservatorio Superior de Vigo e na actualidade é profesor no de Ourense, séndoo con anterioridade en Ferrol.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Jay Doe & The Blues Preachers
9 de maio, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
Maraya Zydeco
10 de maio, 22:30
Club Clavicémbalo - Lugo - Lugo
Leria
17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña